Seguimos coa nosa aprendizaxe de cara a
facer o vindeiro curso o noso horto, por iso esta semana plantamos unhas
fresiñas para coidalas e de paso comer algunhas neste fin de proxecto.
Despois
dun longo e intenso período de investigación sobre as empresas e o consumo na
nosa Vila, o traballo chegou á súa fin. Para que todos podan ver o resultado
final, entre todos realizamos unha exposición no “stand” da entrada do Centro.
Ademais
dos aspectos anteriores, tamén se pode ter unha visión de onde mercaban os
nosos avós. Para iso fixemos unha comparativa das tendas de hoxe coas tendas de
antes, que serviu para reflexionar os cambios da vila e o paso do tempo, algo
novo para os nenos e que poden compartina na casa.
Para
a exposición fixemos MURAIS e unha GRÁFICAS cos datos e informacións recabadas.
Ademais podedes ver información dalgunhas empresas da zona.
GALLETAS DAVEIGA.
A
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA invitounos a visitar a empresa
local GALLETAS Daveiga. Alí ensinaronnos os ingredientes e o proceso de
elaboración das coñecidas galletas marineras, un produto que busca a
calidade e saúde co concepto de calidade. Aquí tedes a súa páxina web: http://www.daveiga.es/
Ata viñeros da TV local de Chantada para cubrir a nova.
INVESTIGANDO NA FEIRA
Os alumnos de Ed. Infantil
marcharon cara o mercado a investigar o consumo e o xénero na Feira de Chantada.
O día soleado permitiu coñecer non so os produtos que se venden senón tamén á
xente que vai alí a vender; recolleron moita información e foi unha experiencia
moi valiosa sobre os diferentes lugares onde mercar alimentos na vila.
VISITANDO UNHA HERBORISTERÍA.
Seguimos
coñecendo a nosa vila e lugares de consumo; nesta ocasión os alumnos de
Primaria visitaron unha herbolario. Aprendemos que produtos ten, cales se
consomen máis e que persoas soen ir á tenda a mercar; unha boa experiencia de
aprendizaxe.
CAFÉS PENELA
Os alumnos
de Primaria foron coñecer outra empresa local, neste caso Cafés Penela. Unha
pequena empresa familiar que tosta o café procedente de moitas partes do mundo,
xa que en Chantada non se cultiva. O café distribúese pola zona, posteriormente na clase realizamos un cartel informativo.
O NOSO AGRADECEMNTO A CAFÉS PENELA POLA SÚA ATENCIÓN E COLABORACIÓN NA REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE
SAÍDA AO GADIS.
Os alumnos
de Educación Infantil saíron a coñecer como é un supermercado e o seu consumo. Despois
de pedir os permisos necesarios, marcharon todos atentos ao supermercado GADIS, viron as seccións, os diferentes alimentos...
Neste primeiro trimestreestivemos a coñecer diferentes empresas de
Chantada que elaboran produtos, unha delas é a cooperativa ICOS. Vai pouco
tempo comezaron a comercializar produtos lácteos coma leite, manteiga, nata e
quixo baixo o nome DELEITAR, aínda así esta cooperativa está dedicada máis a
distribución de produtos da zona: leite, produtos da horta coma grelos,
cebolas... ademais de servizos de tarefas do agro.
Despois na clase realizamos
un cartel para expoñer o que aprendemos aos demais compañeiros do proxecto e
despois da escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario