Aprendemos na aula

  • ANIVERSARIOS SAUDABLES
         Os alumnos de 4 anos decidiron celebrar os últimos aniversarios do curso sen tarta. Pero comer, comeron igual grazas ás supermamás que nos fixeron unhas tortitas deliciosas. Pasámolo xenial!! Aprendemos que  comer san tamén é divertido.

  • A SORPRESA DE MARA.
      A nosa compañeira Mara estivo preparando unhas galletas moi ricas e moi saudables: levan fariña de espelta, ovos, azucre, semillas de liño, de chía, arándanos e uvas pasas. Moitas grazas compañeira, estaban deliciosas


RECEITA:
150 gr fariña espelta,
120 gr coco
100 gr manteiga
100 gr azucre moreno
levadura, sal
1 ovo
sementes, froitos secos, pasas...
Mesturar a manteiga e o azucre,engadir o ovo, sal, levadura, fariña e mesturar.
Engadir coco, sementes... mesturar moi ben e deixar reposar 30 minutos no frigorífico.
Quentar o forno a 170º, facer as galletas e cocer.
  • ECOCONTO E ECOCÓMIC.
  Depois de todo o aprendido sobre a importancia de ter unha boa alimentación, os nenos de 2º inventamos un conto aproveitando os contidos a traballar na aula. O obxectivo do mesmo, é concienciar aos compañeiros do perigo dunha mala dieta. O seu título é: ALEX Y SARA APRENDEN A COMER. Esperamos que vos guste:


        Como posteriormente traballamos a Banda Deseñada, tamén o fixemos neste formato.


  • VISITANDO A CASA DO PATRÓN.
        Os alumnos de 2º fixemos esta semana a excursión de fin de curso á CASA DO PATRÓN, un museo etnográfico situado no concello de Lalín. Alí coñecemos a vida no rural na época dos nosos avós e bisavós a través do seu explectacular museo de aparellos. Soubemos da difícil vida das mulleres, da separación dos traballos por xénero e visitamos o seu Castro.
       Tamén aprendemos a facer o pan, cos seus ingredientes e os pasos a seguir. Unha experiencia moi interesante e importante para a nosa aprendizaxe.
 
  • ALMORZO SAUDABLE
            Os alumnos de 4 anos seguen a traballar na boa saúde, neste caso reflexionando sobre o importante que é almorzar ben e fixeron un mural estupendo!

  • REMATANDO COA PIRÁMIDE.
         Os alumnos de 5 anos aproveitaron a Pirámide dos alimentos para seguir aprendendo a mellorar a súa alimentación.





  • PRODUTOS ECOLÓXICOS.
         Os alumnos de 4 anos estiveron aprendendo sobre os alimentos ecolóxicos. Unha boa forma de ter unha alimentación saudable.

  • TRABALLAMOS OS ALIMENTOS
         Os alumnos de 5 anos estiveron coñecendo alimentos saudables.


  • O DOCE DA VIDA.
         Dentro da actividade Xantando o xornal, despois de ler unha nova, xurdiu unha dúbida grande que se repite ao longo do proxecto “QUE PASA CO AZUCRE?”. Chega o momento de resolvela, así que preparámonos para unha nova investigación sobre o mundo do azucre, que chamamos “O DOCE DA VIDA”, ese alimento tan saboroso e doce pero inimigo da saúde?. AQUÍ TEDES OS VIDEOS E A INVESTIGACIÓN QUE FIXEMOS.

Azucre en 3 alimentos from Jesús MB on Vimeo.


  • AS ETIQUETAS DOS ALIMENTOS
         Os nenos de 4 anos aprendemos xogando a coidar a nosa saúde lendo as etiquetas dos alimentos e familiarizándonos coa súa información, principalmente cos produtos ecolóxicos e as ecoetiquetas.
  • OBRADOIROS COAS FAMILIAS

         Os nenos de 4 anos prepararon na clase uns obradoiros responsables e creativos coas familias. Nun deles fixeron unha árbore de Nadal creativa con alimentos saudables, demostrando que nesta época do ano tamén se pode comer san, que gañas de comela! Noutro fixeron un agasallo con produtos de Londres, que previamente visitaran. Aprenderon que non fai falla gastar para facer un marabilloso agasallo.



  • CREANDO UN CARTEL
         Os alumnos de 2º de Primaria fixemos un pequeno traballo de crear un cartel publicitario. Aquí tedes o resultado.


  • CREANDO NOVAS!
            Como este curso queremos buscar novas no xornal, o primeiro que temos que facer os alumnos de 2º e coñecer como se fai unha nova. Despois dun detallado estudo, cada un inventou a súa propia para difundir o noso proxecto no xornal. 



  • MERENDA SAUDABLE.
         Os alumnos de 5 anos decidiron facer unha merenda saudable porque queren crecer sans, e que mellor forma que unha merenda de froitas!



  • MERENDA FRANCESA.
         Os alumnos de 4 anos viaxaron a Francia e prepararon unha merenda moi rica con alimentos franceses. Como son tan bos, compartírona cos seus compañeiros de proxecto, estaba boísima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario