- ANDAINA.
No último
día de clase, participamos na primeira andaina organizada pola Asociación
Contra o Cancro da vila. Unha boa forma de rematar o noso proxecto e que o
nosos alumnado se conciencia da importancia dunha boa alimentación e do
exercicio para previr enfermidades.
- ED. INFANTIL CELEBRA O HOLI
Nós fixemos o noso propio HOLI: gozamos duns momentos de conviencia tódolos nenos e nenas de infantil, xogamos, tivemos po de cores e saboreamos unha estupenda merenda saudable, xa que todos trouxemos un "tupper" con froita picada que compartimos cos nosos amigos e amigas, e como dixo Uxía de 3 anos: "me lo estoy pasando bomba".
- FIN DA VIAXE.
4 anos
5 anos
2º Primaria
- VISITANDO A HORTA.
Un dos obxectivos e unha das actividades
a levar a cabo neste mes, era a posta en marcha do noso horto escolar. Sementar
nos nenos o gusto por ter unha horta é unha forma saudable de obter alimentos, tamén
é un xeito de darlle valor ao traballo dos nosos avós e de toda a xente que traballa
a horta.
Por desgraza despois de falar co Concello,
no é posible ata o vindeiro curso, un verdadeira mágoa!. Aínda así, quixemos ir
abrindo o camiño e grazas a nosa compañeira María, saímos a ver a súa horta e que no
explicara como coidalo e que alimentos podemos sementar.
- CHEGAMOS Á INDIA
- XOGAMOS COA PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS
- APRENDEMOS NA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO
Saida a Santiago from Jesús MB on Vimeo.
- COMPARTINDO COÑECEMENTOS
- COLABORAMOS COA ASOCIACIÖN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA.
Cámara de Comercio from Jesús MB on Vimeo.
Aproveitando que os comercios locais tiñan como parte da campaña o sorteo dunha cesta con produtos da zona, fixemos uns adhesivos coa mascota VILACHAN que ían en cada unha e usamos o “stand” para a súa promoción.
- FACENDO O PASAPORTE.
Dentro do noso proxecto viaxaremos a
distintos países do planeta para coñecer máis sobre os seus alimentos, pero
para iso é necesario ter un PASAPORTE.
Así que cos nosos compañeiros de
proxecto collemos e marchamos a unha oficina da policía e … sorpresa!








No hay comentarios:
Publicar un comentario