Un dos obxectivos e unha das actividades
a levar a cabo neste mes, era a posta en marcha do noso horto escolar. Sementar
nos nenos o gusto por ter unha horta é unha forma saudable de obter alimentos, tamén
é un xeito de darlle valor ao traballo dos nosos avós e de toda a xente que traballa
a horta.
Por desgraza despois de falar co Concello,
no é posible ata o vindeiro curso, un verdadeira mágoa!. Aínda así, quixemos ir
abrindo o camiño e grazas a nosa compañeira María, saímos a ver a súa horta e que no
explicara como coidalo e que alimentos podemos sementar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario