viernes, 26 de mayo de 2017

Ecocuento e Ecocómic

        Depois de todo o aprendido sobre a importancia de ter unha boa alimentación, os nenos de 2º inventamos un conto aproveitando os contidos a traballar na aula. O obxectivo do mesmo, é concienciar aos compañeiros do perigo dunha mala dieta. O seu título é: ALEX Y SARA APRENDEN A COMER. Esperamos que vos guste:

        Como posteriormente traballamos a Banda Deseñada, tamén o fixemos neste formato.

martes, 23 de mayo de 2017

O rol da muller no xornal

        Ao longo do curso os alumnos de 2º fixemos unha recopilación de novas no xornal relacionadas co mundo da alimentación. Así mesmo, tamén estivemos gardando aquelas novas que falaran do rol da muller. 
         Neste mes de maio quixémos facer unha reflexión sobre as novas acadadas e o rol que teñen as mulleres dentro dos xornais; ao final chegamos ao acordo de que todos ían encamiñadas a fomentar a igualdade de xénero (especialmente no día da muller traballadora), novas de mulleres en postos importantes dando a súa opinión e outras  dando a coñecer mulleres importantes na historia ou sociedade. Aquí están as novas e as nosas reflexións.

sábado, 20 de mayo de 2017

Visitamos a "CASA DO PATRÓN"

        Os alumnos de 2º fixemos esta semana a excursión de fin de curso á CASA DO PATRÓN, un museo etnográfico situado no concello de Lalín. Alí coñecemos a vida no rural na época dos nosos avós e bisavós a través do seu explectacular museo de aparellos. Soubemos da difícil vida das mulleres, da separación dos traballos por xénero e visitamos o seu Castro.
       Tamén aprendemos a facer o pan, cos seus ingredientes e os pasos a seguir. Unha experiencia moi interesante e importante para a nosa aprendizaxe.
 

Facemos un pequeno horto

         Seguimos coa nosa aprendizaxe de cara a facer o vindeiro curso o noso horto, por iso esta semana plantamos unhas fresiñas para coidalas e de paso comer algunhas neste fin de proxecto.




Visitando a horta.

         Un dos obxectivos e unha das actividades a levar a cabo neste mes, era a posta en marcha do noso horto escolar. Sementar nos nenos o gusto por ter unha horta é unha forma saudable de obter alimentos, tamén é un xeito de darlle valor ao traballo dos nosos avós e de toda a xente que traballa a horta.
         Por desgraza despois de falar co Concello, no é posible ata o vindeiro curso, un verdadeira mágoa!. Aínda así, quixemos ir abrindo o camiño e grazas a nosa compañeira María, saímos a ver a súa horta e que no explicara como coidalo e que alimentos podemos sementar.

Chantada sementa e consome. Fotos

            Aquí nos tedes facendo o mural final.