miércoles, 28 de junio de 2017

Avaliando o proxecto

         Aquí podedes ver a avaliación do proxecto, realizamos un vídeo e pasamos unhas enquisas aos diferentes membros da comunidade educativa participante.


         DENDE O EQUIPO DE SEMENTANDO SAÚDE DARVOS A TODOS AS GRAZAS POLO VOSO INTERESE, PARTICIPACIÓN E MOTIVACIÓN PARA LEVAR ADIANTE ESTE PROXECTO.

Andaina

         No último día de clase, participamos na primeira andaina organizada pola Asociación Contra o Cancro da vila. Unha boa forma de rematar o noso proxecto e que o nosos alumnado se conciencia da importancia dunha boa alimentación e do exercicio para previr enfermidades.

Aniversarios saudables

         Os alumnos de 4 anos decidiron celebrar os últimos aniversarios do curso sen tarta. Pero comer, comeron igual grazas ás supermamás que nos fixeron unhas tortitas deliciosas. Pasámolo xenial!! Aprendemos que  comer san tamén é divertido.

miércoles, 21 de junio de 2017

Presentamos a nosa canción.

      Onte no Festival Fin de Curso da escola, ensinamos e presentamos a nosa canción AMODIÑO a todos os nosos compañeiros e mestres. 

lunes, 19 de junio de 2017

A sorpresa de Mara

      A nosa compañeira Mara estivo preparando unhas galletas moi ricas e moi saudables: levan fariña de espelta, ovos, azucre, semillas de liño, de chía, arándanos e uvas pasas. Moitas grazas compañeira, estaban deliciosas




RECEITA:
150 gr fariña espelta,
120 gr coco
100 gr manteiga
100 gr azucre moreno
levadura, sal
1 ovo
sementes, froitos secos, pasas...
Mesturar a manteiga e o azucre,engadir o ovo, sal, levadura, fariña e mesturar.
Engadir coco, sementes... mesturar moi ben e deixar reposar 30 minutos no frigorífico.
Quentar o forno a 170º, facer as galletas e cocer.

lunes, 12 de junio de 2017

Ed. Infantil celebra o HOLI

         Cando estivemos na India gustounos moito a súa festa das cores, é unha festa que se chama HOLI e que a fan para celebrar a chegada da primavera.
Nós fixemos o noso propio HOLI: gozamos duns momentos de conviencia tódolos nenos e nenas de infantil, xogamos, tivemos po de cores e saboreamos unha estupenda merenda saudable, xa que todos trouxemos un "tupper" con froita picada que compartimos cos nosos amigos e amigas, e como dixo Uxía de 3 anos: "me lo estoy pasando bomba".


lunes, 5 de junio de 2017

Fin da viaxe

         E chegados case ao final de curso, todas as clases remataron a súa volta ao mundo. Aquí tedes os pasaportes!
4 anos

5 anos

2º Primaria

viernes, 2 de junio de 2017

Amodiño

         Unha vez recadada a información sobre o papel das nosas mulleres no ámbito das familias e empresas da nosa vila, situada no rural. Pensamos un xeito diferente ao mural anterior para presentalo e eliximos facelo en forma de canción.
         Tivemos a sorte de contar con coa colaboración das nais que o seu horario o permitiu, moitas non tiveron esa sorte pero vai para todas as familias o agradecemento polo voso interese.
         Aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste tanto como a nós.

 
        Aquí podedes ver a letra da mesma.


viernes, 26 de mayo de 2017

Ecocuento e Ecocómic

        Depois de todo o aprendido sobre a importancia de ter unha boa alimentación, os nenos de 2º inventamos un conto aproveitando os contidos a traballar na aula. O obxectivo do mesmo, é concienciar aos compañeiros do perigo dunha mala dieta. O seu título é: ALEX Y SARA APRENDEN A COMER. Esperamos que vos guste:

        Como posteriormente traballamos a Banda Deseñada, tamén o fixemos neste formato.

martes, 23 de mayo de 2017

O rol da muller no xornal

        Ao longo do curso os alumnos de 2º fixemos unha recopilación de novas no xornal relacionadas co mundo da alimentación. Así mesmo, tamén estivemos gardando aquelas novas que falaran do rol da muller. 
         Neste mes de maio quixémos facer unha reflexión sobre as novas acadadas e o rol que teñen as mulleres dentro dos xornais; ao final chegamos ao acordo de que todos ían encamiñadas a fomentar a igualdade de xénero (especialmente no día da muller traballadora), novas de mulleres en postos importantes dando a súa opinión e outras  dando a coñecer mulleres importantes na historia ou sociedade. Aquí están as novas e as nosas reflexións.

sábado, 20 de mayo de 2017

Visitamos a "CASA DO PATRÓN"

        Os alumnos de 2º fixemos esta semana a excursión de fin de curso á CASA DO PATRÓN, un museo etnográfico situado no concello de Lalín. Alí coñecemos a vida no rural na época dos nosos avós e bisavós a través do seu explectacular museo de aparellos. Soubemos da difícil vida das mulleres, da separación dos traballos por xénero e visitamos o seu Castro.
       Tamén aprendemos a facer o pan, cos seus ingredientes e os pasos a seguir. Unha experiencia moi interesante e importante para a nosa aprendizaxe.
 

Facemos un pequeno horto

         Seguimos coa nosa aprendizaxe de cara a facer o vindeiro curso o noso horto, por iso esta semana plantamos unhas fresiñas para coidalas e de paso comer algunhas neste fin de proxecto.