miércoles, 29 de marzo de 2017

O doce da vida

         Dentro da actividade Xantando o xornal, despois de ler unha nova, xurdiu unha dúbida grande que se repite ao longo do proxecto “QUE PASA CO AZUCRE?”. Chega o momento de resolvela, así que preparámonos para unha nova investigación sobre o mundo do azucre, que chamamos “O DOCE DA VIDA”, ese alimento tan saboroso e doce pero inimigo da saúde?. AQUÍ TEDES OS VIDEOS E A INVESTIGACIÓN QUE FIXEMOS. 

Azucre en 3 alimentos from Jesús MB on Vimeo.

Día da Muller. O xénero nos países

         No Centro celebramos o día da muller facendo unha investigación do rol da muller nos países que elixiramos para o Entroido, posteriormente realizamos uns carteis informativos. Cada grupo aproveitou para recoller a información para o traballo posterior que realizaremos no proxecto.


Día do consumidor na India

         No día do consumidor, os alumnos de Educación Infantil celebrárono cunha festa hindú despois de visitar a India. Coñeceron os alimentos dese país que podemos atopar nos supermercados e que xa son moi comúns nas nosas vidas sen sabelo. Unha delicia de viaxe, pasámolo en grande!

martes, 28 de marzo de 2017

Xogamos coa pirámide dos alimentos

         Os alumn@s de 4 e 5 anos aprendemos a familiarizarnos coa pirámide dos alimentos, xa sabemos que alimentos tomar para estar fortes e sans, e tamén coñecemos alimentos que hai que consumir con moderación.

lunes, 27 de marzo de 2017

As etiquetas dos alimentos

         Os nenos de 4 anos aprendemos xogando a coidar a nosa saúde lendo as etiquetas dos alimentos e familiarizándonos coa súa información, principalmente cos produtos ecolóxicos e as ecoetiquetas. Os nenos e nenas trouxeron envases de alimentos ecolóxicos e de alimentos comúns do supermercado e xogan con eles no recuncho da cociña.







jueves, 16 de marzo de 2017

Aprendemos na Escola Galega de Consumo

         En febreiro marchamos todos a Santiago a Escola Galega de Consumo, alí fixemos uns obradoiros moi divertidos sobre o consumo de xoguetes, a pirámide de alimentos e como facer xoguetes de refugallo. Unha visita moi ben aproveitada para o noso proxecto.

Saida a Santiago from Jesús MB on Vimeo.

miércoles, 15 de marzo de 2017

Visitando unha herobistería

         Seguimos coñecendo a nosa vila e lugares de consumo; nesta ocasión os alumnos de Primaria visitaron unha herbolario. Aprendemos que produtos ten, cales se consomen máis e que persoas soen ir á tenda a mercar; unha boa experiencia de aprendizaxe.

          O NOSO AGRADECEMNTO AO HERBOLARIO POLA SÚA ATENCIÓN E COLABORACIÓN NA REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE

Compartindo coñecementoss

         Unha tarde reunímonos todos nun aula, e compartimos os coñecementos que adquirimos das empresas e consumo de Chantada ata o momento. Unha sesión de falar moi interesante onde unhas clases ensináronlles as outras.

Cafés Penela.

         Os alumnos de Primaria foron coñecer outra empresa local, neste caso Cafés Penela. Unha pequena empresa familiar que tosta o café procedente de moitas partes do mundo, xa que en Chantada non se cultiva. O café distribúese pola zona, posteriormente na clase realizamos un cartel informativo.

           O NOSO AGRADECEMNTO A CAFÉS PENELA POLA SÚA ATENCIÓN E COLABORACIÓN NA REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE

Colaboramos coa Asociación de Empresarios de Chantada

         Coan chegada do Nadal, colaboramos coa Asociación de empresarios da vila na campaña de consumo. Fixemos un anuncio publicitario para a tele local polas rúas para concienciar á xente da importancia de mercar na contorna nestas datas, onde a maioría desprázase a grandes superficies para comprar.
 
Cámara de Comercio from Jesús MB on Vimeo.

         Aproveitando que os comercios locais tiñan como parte da campaña o sorteo dunha cesta con produtos da zona, fixemos uns adhesivos coa mascota VILACHAN que ían en cada unha e usamos o “stand” para a súa promoción.

Obradoiros coas familias

         Os nenos de 4 anos prepararon na clase uns obradoiros responsables e creativos coas familias. Nun deles fixeron unha árbore de Nadal creativa con alimentos saudables, demostrando que nesta época do ano tamén se pode comer san, que gañas de comela! Noutro fixeron un agasallo con produtos de Londres, que previamente visitaran. Aprenderon que non fai falla gastar para facer un marabilloso agasallo.

Supermercado GADIS

         Os alumnos de Educación Infantil saíron a coñecer como é un supermercado e o seu consumo. Despois de pedir os permisos necesarios, marcharon todos atentos ao supermercado GADIS, viron as seccións, os diferentes alimentos...

Saída os GADIS from Jesús MB on Vimeo.

Cooperativa ICOS

         Neste primeiro trimestre  estivemos a coñecer diferentes empresas de Chantada que elaboran produtos, unha delas é a cooperativa ICOS. Vai pouco tempo comezaron a comercializar produtos lácteos coma leite, manteiga, nata e quixo baixo o nome DELEITAR, aínda así esta cooperativa está dedicada máis a distribución de produtos da zona: leite, produtos da horta coma grelos, cebolas... ademais de servizos de tarefas do agro.
         Despois na clase realizamos un cartel para expoñer o que aprendemos aos demais compañeiros do proxecto e despois da escola.

Cooperativa ICOS from Jesús MB on Vimeo.

martes, 14 de marzo de 2017

Creando un cartel.

         Os alumnos de 2º de Primaria fixemos un pequeno traballo de crear un cartel publicitario. Aquí tedes o resultado.

lunes, 13 de marzo de 2017

Facendo o pasaporte.

         Dentro do noso proxecto viaxaremos a distintos países do planeta para coñecer máis sobre os seus alimentos, pero para iso é necesario ter un PASAPORTE. 
         Así que cos nosos compañeiros de proxecto collemos e marchamos a unha oficina da policía e … sorpresa!
PASAPORTE from Jesús MB on Vimeo.

Creando novas!

            Como este curso queremos buscar novas no xornal, o primeiro que temos que facer os alumnos de 2º e coñecer como se fai unha nova. Despois dun detallado estudo, cada un inventou a súa propia para difundir o noso proxecto no xornal. 

Merenda sudable

         Os alumnos de 5 anos decidiron facer unha merenda saudable porque queren crecer sans, e que mellor forma que unha merenda de froitas!

Merenda francesa.

         Os alumnos de 4 anos viaxaron a Francia e prepararon unha merenda moi rica con alimentos franceses. Como son tan bos, compartírona cos seus compañeiros de proxecto, estaba boísima!

domingo, 12 de marzo de 2017

Xantando o xornal

         No mes de outubro, nace “Xantando o xornal”, una actividade dentro do proxecto anual deste curso, levada a cabo polos alumnos de 2º de Primaria. A súa finalidade é buscar novas no xornal relacionadas cos alimentos, a alimentación e o xénero e facer opinións e reflexións dalgunhas delas.
         Tamén as familias teñen oportunidade de participar coas súas opinións. 



         Podes ver e ler as novas atopadas na pestana desta sección creada na páxina.
opinións.